Estampando bosques

Descrición da actividade:

Se che gustan os procesos artísticos e manuais e queres conectar coa natureza, este obradoiro está pensado para ti: un paseo polo parque para recoller follas, froitos, cortizas, plumas...cos que nos iniciaremos na técnica artesá da estampación manual. Rechearemos con cores retais de tea, roupa vella, camisetas que queiramos decorar, dándolles unha segunda vida.

Nestas dúas horas descubriremos a maxia da imperfección creando pezas irrepetibles e experimentando os atractivos e impredecibles resultados das texturas orgánicas. O finalizar o obradoiro crearemos unha estampa colaborativa entre tod*s.

Dirixido a: para todas as idades
Qué precisas: podes traer roupa ou restos de teas para decorar, preferiblemente de cores claras.

Facilitadores: Sucede Arte Visual

  • Datas:22 de Setembro
  • Horario:de 11 a 13 horas
  • Lugar:zona mesas cubertas (ver mapa)
  • Actividade:de balde
  • Participantes:14
  • Claves:decrecemos para medrar

Outras actividades: