Cadernos ecocreativos

Descrición da actividade:

Queres descubrir as posibilidades que teñen materiais como o papel, o cartón ou a madeira que desbotamos ao lixo? Ven e coñecer como darlle unha segunda oportunidade de forma creativa a moitos dos residuos que xeramos construíndo libretiñas de forma eco-lóxica. Tamén xogaremos a inventar e compoñer o interior dos nosos libros dunha forma única e personalizada.

Neste obradoiro, da man de Mónica, de tocaMadera, introducirémonos no uso de técnicas tradicionais de encadernación para crear as nosas propias libretas, fanzines ou libros de artista, empregando técnicas sinxelas e materiais próximos, moitos deles, residuos. Deste modo tamén recuperamos o valor positivo da labor artesá e o fomento da creatividade, así como a concienciación do excesivo uso de papel e o consecuente efecto devastador que ten isto nos bosques.

Dirixido a: Toda persoa, de calqueira idade.

Qué precisas: as túas ganas de crear cousas fermosas a partires de elementos de refugallo.

Facilitadores: tocaMadera é un proxecto de reutilización de materiais, atopados e tratados, para a creación de pezas artesanais como libretas e albums de madeira, papel e corcho, así como outros moitos obxectos. tocaMadera é arte reciclado, unha proposta para darlle unha segunda vida a moito do lixo que xeramos cada día, transformándoo en arte.

Máis info: www.facebook.com/tocamaderagalega/
Fotografías de: Sucede Arte Visual

  • Datas:29 de Setembro
  • Horario:de 11 a 13 horas
  • Lugar:zona de mesas cubertas (ver mapa)
  • Actividade:de balde
  • Participantes:10
  • Claves:decrecemos para medrar

Outras actividades: