Acroioga

Descrición da actividade:

Perfecta fusión de Acrobacias e Ioga onde cada persoa pode adaptar á parte que máis agusto se sinta, máis dinámica ou máis tranquila. Diversión, confianza, harmonía e concentración.

Traballando técnica e consciencia corporal, exploraremos e desfrutaremos máis dos nosos corpos ampliando os límites do que podemos facer coidando de éstos, ampliando límites mentais e conexións entre compañeiros.

Dirixido a: quen desexe conectar coa súa nena/neno interior, deixarse sorprender polas propias capacidades ocultas que imos descubrirnos.Non se precisan coñecementos previos nin determinada condición física.

Qué precisas: Levar esterilla, roupa cómoda e auga. Estaremos sen calzado.

Facilitadores:
Ester de Stretching Minds AcroYoga, fisioterapeuta e transmisora do AcroYoga.

  • Datas:22 de Setembro
  • Horario:de 16:30 a 19 horas
  • Lugar:zona verde (ver mapa)
  • Actividade:de balde
  • Participantes:15
  • Claves:Empoderamento da muller

  • En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cívico.

Outras actividades: