Autocoidados ecolóxicos

Descrición da actividade:

A traves de dinámicas de arteterapia, movemento libre e xogo reconectaremos co funcionamento dos nosos corpos menstruantes e xeradores de coñecementos propios máis aló da lóxica patriarcal que temos interiorizada, recuperando a soberanía de nos mesmas sentindonos como parte completa e viva, escoitando, respetando e mimando os seus procesos físicos e emocionais interactuando con nós mesmas e coas demais fomentando o autoamor e a sororidade no día a día e seguindo o sentido ecolóxica como seres vivos e interdependentes da natureza que somos.

Dirixido a: Mulleres a partir de 18 anos

Qué precisas: Ter ganas de atoparte contigo mesma debaixo de todas esas capas que te fuches poñendo a medida que vas sumando anos

Facilitadores: Asociación cultural Loairas.

  • Datas:23 de Setembro
  • Horario:de 16:30 a 18:30 horas
  • Lugar:zona anfiteatro (ver mapa)
  • Actividade:de balde
  • Participantes:10
  • Claves:Empoderamento da muller

  • En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cívico.

Outras actividades: