Oasis verdes na casa

Descrición da actividade:

¿Por qué non empregar ese pequeno espazo do teu balcón ou terraza para cultivar? Opcións ecolóxicas, sinxelas e revolucionarias.

Para ser maiss conscientes da importancia que teñen os espazos verdes nos nosos fogares e nas cidades, aprenderemos a fomentar a reutilización de residuos que xeramos na vida cotiá e crearemos xardíns adaptados ás nosas casas para reverdecer os nosos espazos e estar en contacto directo coa vida natural no noso día a día.

Dirixido a: todas aquelas persoas con interese en aprender a reproducir e cultivar as suas propias plantas aromáticas, medicinais e culinarias. Non é necesario ter coñecementos previos. A partir de 18 anos.
Qué precisas: ropa para ensuciarse e luvas.

Facilitadores: Rubén Escuredo, técnico hortifrutícola e experto permacultor. Pertencente aocolectivo a Flor da Vida Permacultura e membro da rede ibérica de bosques comestibles e sementes ceibes.

  • Datas:22 de Setembro
  • Horario:de 16:30 a 18:30 horas
  • Lugar:zona hamacas (ver mapa)
  • Actividade:de balde
  • Participantes:12
  • Claves:Cultiva ecoloxía

Outras actividades: