Kokedamas

Descrición da actividade:

É posible que unha prantiña viva sen testo? Descúbreo a través da técnica xaponesa das kokedamas, prantas cultivadas tendo como substrato unicamente elementos naturais como o musgo e a arxila.

Crearemos os nosos pequenos ecosistemas con plantas creativas e orixinais, engadíndolle o noso propio estilo a cada unha das nosas creacións. Unha forma para reflexionar a nosa relación coa natureza a través da creatividade, así como a sensibilización cara a necesidade de máis espazos verdes nas nosas vidas.

Pon unha kokedama (ou máis!) na túa vida!

Dirixido a: Tódolos públicos. Menores de 8 anos deberán asistir acompañad*s dunha persoa adulta.
Qué precisas: ganas de aprender, sorprenderte, crear e fuchicar coas plantiñas.

Facilitadores: Plano Pementa.

  • Datas:23 de Setembro
  • Horario:de 11 a 13 horas
  • Lugar:zona mesas cubertas (ver mapa)
  • Actividade:de balde
  • Participantes:15
  • Claves:Cultiva ecoloxía

Outras actividades: