Tecer no parque

Descrición da actividade:

Tecer implica crear redes, comunidade. tecer xunt*s é compartir coñecemento, beleza e cor. é retomar e revalorizar o bonito do feito a man por nós mesm*s.

Sexa calceta, ganchillo, macramé...tecer está cheo de beneficios e convidámosche a participar nesta quedada para tecer en comunidade no parque: unha oportunidade para construir tecido social, unha rede máis sostible e desfrutar nun bonito entorno.

Se non podes asistir ou estás lonxe, non dubides en escribirnos para enviarnos os teus puntos y así formar parte deste mosaico colaborativo.

Actividade integrada na xornada de Contraconsumo (Romaría Verde)

Facilitadora: Verónica, la mujer araña
  • Datas:30 de Setembro
  • Horario:de 17 a 19 horas
  • Lugar:todo o parque
  • Claves:Romaría Verde

Outras actividades: