Quen somos

Coñécenos e descobre o que facemos e por qué

Benvid@ ao noso recuncho

Loaira en galego é o raio de sol que atravesa os ceos cheos de nubes. Así, con esa mesma intención, nace o noso colectivo, formado por 4 mulleres coa mesma forza e luz que o sol.

Aínda que as Loairas pertencemos a diferentes ámbitos, viramos todas ao redor dun mesmo fin común: o desenvolvemento humano sustentable.
Fartas de tanta nube, traballamos por un mundo máis equitativo, xusto e respectuoso coa vida, usando como ferramentas a arte, a educación e a cultura en todas as súas manisfestacións.

Loitamos contra as escuridades creando e tecendo novas formas de construír comunidade para o ben común, e así recuperar o tecido humano e colectivo que se está perdendo nas nosas sociedades.

Sobre nós.

O colectivo Loairas nace en xaneiro do 2017. Está conformado por 4 mulleres que teñen en común a visión dun mundo no que os espazos sexan comúns e vivos e poidan ser aproveitados por toda a poboación para achegarse a unha vida máis sostible e humana en tódolos eidos.

O noso enfoque.

Somos un colectivo de carácter informal cuxos fundamentos son a sustentabilidade, a conciencia ambiental, a arte e a cultura, a humanización dos espazos, o desenvolvemento sustentable e permacultura. Todo isto cunha base de igualdade de xénero.

Os nosos obxectivos.

O noso obxectivo principal como colectivo informal é conseguir que a xente das cidades aproveite os espazos públicos de maneiras diferentes ás usuais. Que se recuperen certos espazos como lugares de encontro onde compartir lecer, coñecementos e habilidades, valorándose os espazos como zonas alternativas.

Berta

Ser sentipensante coa alma chea de paxaros. Apaixonada das utopías e traballadora incansable por achegar luz e beleza a estes mundos.
Fotógrafa, artista audiovisual e xestora cultural é amante do vivir en modo poesía. O latexar do seu corazón soa máis alto cando crea espazos cheos de vida para todos.

Marta

A maga das tesoiras ou a artista dos cabelos, como nos gusta chamala, é propietaria e xerente da perruquería "La Tribu", na cidade da Coruña.
Muller de vento que fai abanear as follas das árbores e impulsa os nosos proxectos.

Irene

Arquitecta técnica que sente curiosidade pola bioconstrucción e a arquitectura sustentable.
Atópase en constante procura de vida máis harmónica e respetuosa coa vida. Ten alma viaxeira e teatreira que desenvolve no tempo de lecer.

Estela

Cronopia, soñadora, utópica, navegante infinita de libros.
Adora a arte en todas as súas manifestacións e, como o seu nome indica, é un marabilloso ronsel de alegría e sabedoría.